PROXECTO FORTE
A Fundación Breogán, a través do PROXECTO FORTE, como parte das actividades +XTI 23-24, pertencentes ao Plan Nacional Sobre Drogas, pon en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en risco de exclusión social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.
BALONCESTO: Salva Arco, Ex Xogador profesional de baloncesto e Director Xeral do C.B. Breogán.
ATLETISMO: Miguel González Carballada, atleta internacional varias veces campión de España. Selección europea sub-23 de cross.
FÚTBOL SALA: Dani Díaz, adestrador nivel 3 en Poio na División de Honor feminina e adestrador campión grupo 1 da segunda B en Lugo Sala.
CALISTENIA: Nacho Varela, graduado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Rendemento físico e deportivo.
TEMPORALIZACIÓN: 2 Sesións semanais (martes e mércores) dunha hora de duración durante o mes de xuño, para un total de 8 sesións.
DESTINATARIAS/OS: 12 prazas para rapazas e rapaces entre 14 e 18 anos e máis.
CONTIDOS:
- Achegamento ao deporte a través de catro modalidades diferentes (2 de equipo e 2 individuais).
- Fomento da práctica de portiva como hábito saudable e como alternativa do tempo de lecer e/ou prevención doutro tipo de hábitos non recomendables.
- Promover valores propios do deporte para a súa integración na vida persoal como o respecto ás diferencias individuais, o esforzo, o compromiso, a perseverencia, a resiliencia etc.
- Desenrolar positivamente e de forma constructiva o autoconcepto das e
dos participantes, así como a súa autoestima. - Axudar á consolidación da súa identidade propia e da súa autonomía persoal.
- Crear un contexto de socialización adecuada establecendo relacións positivas.
- Suscitar cambios de actitudes.
- Fomentar unha alimentación saudable.