Novas

Proxecto Persoas – Inicio 3ª tempada

Estamos de volta!

Despois dun merecido descanso, os nosos mozos e mozas do proxecto PERSOAS volven coa enerxía renovada e a ilusión de sempre. Énchenos o corazón ver eses reencontros, os sorrisos, os abrazos e a alegría nos seus rostros ao reencontrarse co equipo da Fundación Breogán e os nosos voluntarios, quen son a alma deste proxecto.

Botámolos tanto de menos… e emociónanos ver como o agarimo e a dedicación de cada un dos que forman esta familia siga facendo maxia día a día.

Grazas a cada voluntario e colaborador por estar sempre aí! A súa entrega é fundamental para que PERSOAS siga sendo ese espazo especial para todos.