Novas

II Edición “Grazas A-Vós” – 23/10/24

Inicio das sesións de estimulación cognitiva nas residencias públicas da Xunta en Lugo, A Milagrosa e As Gándaras.

Comezamos as actividades do proxecto Avós, destinadas a coidar e fortalecer a saúde mental dos nosos maiores.

Luis Abel Taboada, Director da Fundación Breogán, dirixirá estas sesións con moito agarimo e profesionalismo e esta semana contou coa participación de Sara, estudante de Psicoloxía na UNED Lugo.

Agradecemos á UNED Lugo por colaborar connosco novamente a través do programa Aprendizaxe e Servizo (ApS), reforzando o seu compromiso co benestar dos nosos maiores.