🏀 Ocio e Deporte na Rúa 24-25 🏀
Rematamos o programa ‘Ocio e Deporte na Rúa’, enchendo de enerxía, sorrisos e actividade física os barrios de Lugo.
Este proxecto da Fundación Breogán, dentro do plan +xTI 24-25 da Concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, achegou o deporte e os hábitos saudables a nenos e adolescentes durante oito xornadas de sábado. As actividades realizáronse en:
📍 Praza da Milagrosa.
📍 Praza do Castiñeiro.
📍 Praza Anxo Fernández.
E, grazas á colaboración dos centros educativos CEIP Sagrado Corazón e CEIP Anexa, puidemos continuar coas actividades baixo teito cando o tempo non acompañaba. Moitísimas grazas ás direccións destes centros pola súa xenerosa acollida.








Un agradecemento moi especial aos 8 profesores/as de Educación Física de distintos centros de Lugo que dedicaron os seus sábados a motivar, ensinar e poñer en movemento á mocidade participante:
👟 Benxamín Muras – CEIP Luis Pimentel
👟 Claudia Tejerina [@ctejerinap] – Maristas Lugo
👟 Óscar Rodríguez Río [@phosko__] – CPR de Cervantes
👟 Jaime Balado – Colexio Divino Maestro Lugo
👟 Noelia Valcarce [@noe.valop] – CEIP Méndez Pelayo
👟 Ángel Muñoz – Colexio Franciscanos Lugo (@colexiofranciscanoslugo)
👟 Eliseo Moreda – CEIP Albeiros
👟 Iago Corral – CEIP Anexa
Grazas tamén a todo o equipo de voluntari@s e ao persoal da Fundación Breogán, que fixeron posible esta marabillosa experiencia.
Seguimos traballando para que o deporte e o ocio saudable cheguen a cada recuncho de Lugo. Agardamos contar cunha nova edición o próximo ano!
📸 Máis info:
🔗 OCIO E DEPORTE NA RÚA – Fundación Breogán