Dentro das actividades de ocio e formación do programa +xTI 24-25 que pon en marcha o Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias e outras Adiccións Comportamentais do Concello de Lugo, a Fundación Breogán propón a inclusión na programación do mencionado plan, de oito xornadas de baloncesto e actividades deportivas na rúa.
Buscarase:
Ofrecer unha actividade que ocupe a todos aqueles nenos/adolescentes que os sábados pola mañana non dispoñen de alternativas de ocio.
Favorecer a interacción entre pais e fillos mediante a práctica deportiva.
Fomento da practica deportiva en beneficio dun ambiente saudable e como alternativa e/ou de prevención a outro tipo de hábitos non recomendables.
Achegar e dar a coñecer o deporte.
Aumentar a seguridade e a confianza dos participantes.
Fomentar a convivencia e a sociabilidade.
Fortalecer lazos afectivos cos compañeiros, amigos e/ou familiares que participen nas actividades.
Educación na práctica deportiva así como nas súas rutinas saudables (quecemento, estiramentos, alimentación adecuada, etc.)
We use our own and third-party cookies to ensure the website works properly, measure usage, and improve our services. You can accept all cookies, reject non-essential cookies, or configure your preferences. Cookie policy
Configure cookies
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.