Novas

Proxecto Persoas – Peche da 3ª Tempada

A semana pasada despedimos outro proxecto que se nos vai de vacacións: o Proxecto Persoas.

Rematamos unha tempada fantástica, na que compartimos moitas tardes de baloncesto (e moito máis) con multitude de asociacións, clubs e entidades comprometidas coa integración a través do deporte. A todas elas, o noso máis profundo agradecemento: Comité Galego de Árbitros de Baloncesto, Franciscanos Lugo, Escuela Atlética Lucense, ADC Lugosala, Club Natación Porta Miña, A Comisaria de Lugo do CNP, CB Terrachá, ADC Sagrado Corazón e Cidade de Lugo Piragüismo.

🙏 Tamén queremos dar as grazas aos voluntarios da Fundación Breogán e das entidades colaboradoras polo seu traballo incansable, sempre cun sorriso, facendo que cada sesión fose especial: Afalu Alzheimer Lugo, Dano Cerebral Lugo, USC, Raiolas Lugo e CEE Santa María.

E, por suposto, aos verdadeiros protagonistas: os rapaces e rapazas, que recibiron o seu diploma de participación 🎓 Desexámosvos un feliz verán, cheo de ilusión e descanso. Agardamos vervos de novo á volta das vacacións!

Seguimos facendo equipo, dentro e fóra da pista.