Novas

Xa están abertas as inscricións para a 2ª tempada de Pazo Aberto

A Fundación Breogán e o Proxecto de Bana, coa colaboración do C.B. Breogán, presentan Pazo Aberto: unha experiencia única para escolares de primaria, na que descubrirán o corazón do baloncesto profesional e o espírito do noso equipo.

✔️ Que vivirán os nenos e nenas?

  • Visitas ás zonas exclusivas do Pazo (vestiarios, sala de prensa, sala técnica).
  • Actividades educativas e lúdicas sobre valores como esforzo, respecto, traballo en equipo e superación.
  • Historias e curiosidades do club, para sentir máis de preto o sentimento breoganista.

🎯 Dirixido a: centros de primaria da provincia de Lugo.
🕒 Duración: 2 horas.
👥 Máx. 25 alumnos/as por visita.


📌 Como inscribirse?

  1. Na nosa web → apartado “INSCRICIÓNS”
  2. Nas historias destacadas de Instagram.
  3. Ou directamente aquí 👉 https://forms.gle/i5QxLqXVC53b18zD6

📎 Máis info: fundacionbreogan.org/pazo-aberto

Non deixes pasar esta oportunidade para que os máis pequenos vivan o Pazo por dentro e vivan de preto o sentimento breoganista. 💙