Novas

Comeza a Liga Galega de Veteranas FEGABA 25/26

O noso equipo, o Seijo Team, vertente deportiva do Proxecto Cris Seijo da Fundación Breogán, inicia unha nova tempada chea de ilusión.

As vixentes campioas de liga estrearanse este domingo, 16 de novembro, no Módulo Anexo do Pazo dos Deportes de Lugo, fronte a Golfiños Sada.

💪 As nosas rapazas están listas para defender o título e seguir demostrando que o baloncesto non entende de idades, só de paixón!