Novas

Pazo Aberto – CEIPP Monte Baliño (Pantón)

Esta semana o Pazo volveu abrir as súas portas para recibir unha nova visita dentro do programa Pazo Aberto. Nesta ocasión acompañáronnos os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe Monte Baliño, de Pantón, que viviron unha mañá moi especial descubrindo desde dentro a casa do breoganismo.

Durante a visita, tiveron a oportunidade de percorrer espazos tan emblemáticos como a sala de trofeos, o corredor da fama ou a sala de prensa, coñecendo de preto a historia, os valores e a identidade do CB Breogán.

Nesta xornada contamos, ademais, con dous guías de auténtico luxo: Alfredo Aguado e Ángel Sevilla Valcarce, históricos do CB Breogán e Lendas Celestes, que acompañaron ao grupo compartindo recordos, anécdotas e moita paixón polo club.

Grazas ao CEIPP Monte Baliño pola visita e por encher o Pazo de curiosidade, ilusión e entusiasmo. Seguimos abrindo portas para achegar o Breogán ás novas xeracións.