Novas

A Fundación Breogán recibe o nomeamento de Membro de Honor do COEL

Desde a Fundación Breogán queremos expresar o noso máis sincero agradecemento ao Colexio Oficial de Dentistas de Lugo (COEL) polo nomeamento da Fundación como Membro de Honor da entidade.

Foi unha honra e un auténtico pracer recibir este recoñecemento, que pon en valor a nosa traxectoria, o compromiso social e o traballo compartido en favor do benestar da comunidade lucense.

O galardón foi recollido polo director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, durante o acto institucional celebrado en Lugo, nunha xornada marcada polo recoñecemento, a colaboración e o espírito de confraternidade.

Grazas ao COEL pola súa confianza e pola vontade de seguir camiñando xuntos en futuras iniciativas. Distincións coma esta refórzannos para continuar traballando con responsabilidade, ilusión e compromiso social.