Seguimos dando pasos co proxecto 𝗕𝗢𝗖𝗖𝗜𝗔 𝗔𝗗𝗔𝗣𝗧𝗔𝗗𝗔 𝗘𝗦𝗖𝗢𝗟𝗔𝗥 – Eu tamén son capaz 💙
Nesta ocasión visitamos o CEIP Anexa, onde desenvolvemos unha sesión teórica para achegar ao alumnado á realidade da Boccia Adaptada, un deporte paralímpico que é exemplo de superación, inclusión e igualdade de oportunidades.



Da man de Pablo Freire, traballador social de Dano Cerebral Lugo (@danocerebrallugo), reflexionamos sobre diversidade funcional, accesibilidade e a importancia de adaptar os espazos deportivos para que todas as persoas poidan participar.
Un primeiro achegamento para comprender, sensibilizar e preparar o camiño cara á próxima sesión, na que levaremos a práctica á pista.
Grazas ao profesorado e ao alumnado do CEIP Anexa pola súa atención e interese.
Porque educar en inclusión tamén é aprender a mirar doutro xeito.
✨ Eu tamén son capaz.