Novas

Pazo Aberto – 5º curso Colexio Cervantes

Nesta ocasión, recibimos aos nenos e nenas de 5º de Primaria do Colexio Cervantes, nunha nova xornada de Pazo Aberto chea de curiosidade, aprendizaxe e ilusión.

Guiando o percorrido, dúas auténticas Lendas Celestes: Antonio Seral e José Manuel Ramiro, que compartiron vivencias, historias e o sentimento breoganista en cada recuncho.

Unha experiencia para achegar o baloncesto desde dentro… e seguir creando recordos que quedan.

Grazas ao Río Breogán por facer sentir ao grupo parte da familia: abrindo vestiarios, compartindo adestramento e regalando momentos inesquecibles 💙