Esta vez tocoulle ao alumnado de 5º de primaria do CEIP Menéndez Pelayo de Lugo cambiar a clase por unha visita moi especial.
Da man da Fundación Breogán e El Proyecto de Bana, descubriron espazos que habitualmente non están ao alcance do público, coñeceron un pouco mellor o día a día do Río Breogán e achegáronse aos protagonistas que fan posible cada partido.
Unha forma diferente de aprender, compartir e coñecer desde dentro o mundo do baloncesto.
Grazas pola visita e por traer tanta curiosidade ao Pazo! 💙



