Novas

Máis Que Basket No Rural – Concello de Guitiriz

Presentamos unha nova edición do programa “Máis Que Basket no Rural”, unha iniciativa que busca achegar o baloncesto e a actividade deportiva á mocidade do Concello de Guitiriz durante o curso 2026/27.

Un proxecto que nace co obxectivo de garantir o acceso ao deporte en contornas rurais, promovendo a igualdade de oportunidades e fomentando hábitos de vida saudables a través da práctica regular de actividade física.

Ao longo do programa desenvolveranse:

  • Adestramentos semanais de baloncesto impartidos por técnicos da Fundación Breogán
  • Accións formativas en valores, saúde e convivencia
  • Experiencias únicas vinculadas ao Río Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo

Este proxecto entende o deporte como moito máis ca unha actividade física: é unha ferramenta educativa, social e de crecemento persoal.

🤝 O Concello de Guitiriz reafirma así o seu compromiso co deporte base e coa creación de oportunidades reais para a súa mocidade.