O Proxecto Persoas continúa a súa quinta tempada coa mesma ilusión de sempre: compartir, aprender e medrar xuntos a través do baloncesto.
Nesta viaxe seguimos contando cun equipo que marca a diferenza. Grazas ao noso voluntariado e, de maneira especial, aos amigos do @comitegalegodearbitros_fgb da Delegación de Lugo, por sumarse a esta iniciativa e axudarnos a seguir construíndo un deporte máis inclusivo.



