Hoxe vivimos unha mañá espectacular, desas que paga a pena recordar e que lle dan sentido e reflexan á perfección o espíritu do Basket na Rúa, unha alternativa de ocio saudable para a mocidade lucense, co baloncesto como fío conductor.
A climatoloxía foi máis que propicia para a práctica deportiva e a reposta dos rapaces e rapazas (e os seus pais e nais, moi activos e participativos) inmellorable.
Contamos ca presenza do Concelleiro de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo, Jorge Bustos e co Técnico municipal do Servizo de Prevención de Drogas, Francisco Javier Fdez. Eirós.
Tamén recibimos unha visita sorpresa, o xogador do C.B. Breogán, Sergi García achegouse á Praza da Milagrosa logo de rematar o adestramento da mañá, para saludar aos pequenos deportistas. Moitas grazas Sergi, por facer ese paréntese na preparación do importante encontro desta tarde no Pazo.
No aspecto deportivo, hoxe os adestradores da Fundación Breogán e o Director, Salva Arco, dividiron o traballo en estacións, facendo grupos de xogadores/as segundo as súas idades.
Logo da parada de rigor para hidratarse e comer unha peza de froita, chegou o momento do concurso de triplas e o reparto de premios e sorteos: camisetas Dzanan Musa Legend, mochilas oficiais do Basket na Rúa, dúas camisetas asinadas polos xogadores do Breo e o sorteo de 5 invitacións dobres para o encontro desta tarde que enfrontará ao C.B. Breogán co Gran Canaria.
Voltaremos o vindeiro sábado á Praza da Milagrosa para volver a encher a rúa de rapaces/as amantes do baloncesto.