Novas

Boas Prácticas | O deporte cambia vidas

Onte vivimos unha mañá moi especial dentro das sesións formativas de Boas Prácticas: Xestión Emocional e Saúde Global en Educación Física.

Tivemos o privilexio de contar con Nicolás Martínez Adega, palista do Club Fluvial de Lugo e campión do mundo na categoría KL3 10.000 metros sénior no Mundial de maratón, que compartiu co alumnado a súa charla:

💬 “O deporte cambia vidas”

Ao longo da xornada, nos CEIP Luis Pimentel e CEIP Das Mercedes, Nico deixou unha mensaxe clara e inspiradora: o deporte non só forma corpos, tamén constrúe persoas, fortalece a mente e axuda a superar retos dentro e fóra da pista.

Grazas, Nico, por achegar a túa experiencia, a túa proximidade e un exemplo real de esforzo, superación e valores.