Novas

CHAN COMÚN comeza a camiñar

Hai proxectos que se presentan oficialmente… e hai proxectos que primeiro se senten.

Esta semana vivimos a primeira toma de contacto dos dous equipos de CHAN COMÚN — Xunt@s de verdade, o primeiro proxecto Mixed Ability de baloncesto en Galicia. Un adestramento previo á presentación oficial, pero que xa deixou claro que isto vai moito máis alá dun equipo.

Baixo a dirección dunha lenda como Pirulo Fernández, e coa presenza de persoas moi vinculadas aos proxectos deportivos e sociais da Fundación Breogán —Cris Seijo, Liga Sénior 3×3, Persoas, Aros…—, a pista converteuse nun verdadeiro chan común: sen etiquetas, sen diferenzas, só baloncesto compartido.

Tamén nos acompañou o Director Xeral do CB Breogán, Salva Arco, nunha xornada que simboliza unión, compromiso e futuro.

Queremos dar as grazas, de corazón, a todas e cada unha das persoas participantes. Pola ilusión, pola entrega e por crer que outra forma de facer deporte é posible.

Grazas tamén a quen fai posible que este soño sexa realidade: a Pazo de Vilane, polo seu compromiso como patrocinador e á Fundación Dignidade, partner deportivo imprescindible neste camiño.

CHAN COMÚN xa está en marcha.
E o mellor está por vir 💙