Novas

Deporte na Rúa – Lugo Sala – Praza do Castiñeiro

Mañá divertida a vivida onte practicando Fútbol Sala cos rapaces de ADC LUGO SALA.

Á actividade acudiron os xogadores do primeiro equipo, Luis Longo e Antonio Diz, que compartiron cos pequenos deportistas os seus coñecementos de Fúbol Sala e entregaron premios e agasallos aos gañadores dos concursos.

Tamén estiveron presentes a Sra. Alcaldesa do CONCELLO DE LUGO, Lara Méndez e o Sr. Concelleiro de Xuventude e Deportes, Mauricio Repetto.

O DEPORTE NA RÚA voltará o vindeiro domingo 7 de maio, con BALONCESTO (Fundación Breogán), VOLEIBOL (CV Arenal Emevé) e FÚTBOL SALA (ADC Lugo Sala).

Será no PARQUE DO SAGRADO CORAZÓN, en horario de 17:00 a 20:00 h.

Agardámosvos!

Ligazón á páxina do proxecto preme aquí.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *