Novas

Deporte na Rúa – Club Voleibol Emevé – Ceip Sagrado Corazón

A pesar da chuvia, máis de 20 rapaces e rapazas achegáronse ás fantásticas instalacións do CEIP SAGRADO CORAZÓN, para gozar dunha mañá practicando voleibol da man do Club Voleibol Emevé de Lugo.

O polideportivo cuberto deste Centro de Ensinanza, ao que lle queremos agradecer a súa colaboración, será o lugar no que se desenvolverán as actividades deste proxecto organizado e financiado polo @concellolugo a través da Concellería de @xuventude_lugo, cando as inclemencias do tempo impidan facelo ao aire libre.

Na xornada houbo competicións con premios e agasallos para os gañadores e un inchable que fixo as delicias dos participantes. Os pequenos deportistas estiveron asistidos e adestrados pol@s xogadores/as do Emevé, Alejandra Pérez, Pau Mena, Julia Paradela e Miguel Paradela.

Tamén nos acompañaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez e o Concelleiro de Xuventude e Deportes Mauricio Repetto.

O vindeiro domingo día 30 de abril, se o tempo o permite voltaremos con máis Deporte na Rúa á Praza do Castiñeiro, desta volta co fútbol sala da man de LUGO SALA, aos que aproveitamos para felicitar tras proclamarse campións do grupo I da 2B. NORABOA!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *