Novas

Deporte na Rúa – Presentación

Esta semana presentouse DEPORTE NA RÚA, un proxecto que promove o ocio saudable nos barrios de Lugo.

Supón unha ampliación do BASKET NA RÚA levado a cabo no ano 2022, xa que ao baloncesto incorpóranse outros dous deportes cun gran peso e presenza en Lugo: o voleibol e o fútbol sala.

A actividade está coordinada baixo o patrocinio do Concello de Lugo pola Fundación Breogán, coa colaboración do Club Voleibol Emevé Arenal e Lugo Sala.

Agardámosvos o vindeiro DOMINGO día 9 de 10:30 a 13:30 h. na PRAZA DE AUGAS FÉRREAS.

Inscríbete no lugar da actividade previamente ao inicio da mesma. As prazas son limitadas e por rigorosa orde de inscrición.

Máis información en www.fundacionbreogan.org/deporte-na-rua.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *