Novas

Pechamos unha nova etapa de AROS Futuro

Un curso cheo de pequenos avances que, cando se xuntan, convértense en algo moi grande: confianza, autonomía, novas amizades e moitas ganas de seguir aprendendo.

Queremos agradecer aos rapaces e rapazas de Down Lugo por compartir connosco a súa alegría, a súa autenticidade e a súa forma de facer especial cada adestramento.

E un agradecemento especial para Paula Abuín, por converter cada adestramento nun espazo onde aprender, compartir e desfrutar sempre foron igual de importantes que o propio deporte. 💙

Agora toca descansar, gozar do verán e gardar todos os bos momentos vividos durante esta tempada.