Novas

Experiencia Breogán – Asociación Prodeme – Ibersys

Terceira Experiencia Breogán do 2024 adicada á Asociación Prodeme.

Esta semana, e da man da nosa Empresa Benefactora IBERSYS achegarémonos ao traballo desta Asociación que presta apoio e servizos desde 1980 a persoas con discapacidade intelectual, para potenciar as súas capacidades e mellorar a súa calidade de vida e a das súas familias.

A Asociación PRODEME é unha organización en constante mellora, que conta con persoal cualificado e comprometido para desenrolar actividades encamiñadas a acadar a autonomía e o benestar na vida laboral e social das persoas con D.I.