Segunda ponencia do ciclo de conferencias Luz ó Deporte 2024.
O vindeiro luns 21 de outubro, a partir das 12:00 h. terá lugar no Salón de Actos da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a charla protagonizada polas irmás Jessica e Lucy Akamere, xogadoras do Club de Voleibol Emevé de Lugo.
O acto será conducido pola xornalista e escritora María Nieto, e nel teremos a oportunidade de coñecer un pouco mellor a estas dúas apaixoadas do deporte.
Luz ó Deporte é un proxecto desenrolado pola Fundación Breogán co apoio de Abanca e da Xunta de Galicia.