Novas

Nova Empresa Colaboradora – Serge

SERGE, complexos terapéuticos xerontolóxicos, nova empresa colaboradora da Fundación Breogán.

En SERGE, levan máis de 13 anos ofrecendo un servizo de atención integral, personalizado e de calidade aos nosos maiores, co obxectivo de promocionar a súa saúde e mellorar a súa calidade de vida.

Na provincia de Lugo contan con dous centros: a Veiga e Guntín.

O Complexo Terapéutico Xerontolóxico A Veiga é un centro de referencia na comunidade galega polos seus excelentes servizos integrais de atención aos maiores, polo confort do seu emprazamento e pola calidade técnica e valor humano dos seus traballadores.
O centro está situado a 5 minutos de Sarria e a 10 de Lugo. Goza dunha contorna natural incomparable, que os residentes poden gozar grazas aos máis de 10.000 m2 de zonas axardinadas que teñen á súa disposición. Ademais, tanto o recinto como a contorna urbana onde se sitúa o centro son espazos de superficie chaira e sen edificacións próximas, o que facilita o paseo de persoas maiores válidas e daqueles usuarios con dependencia que precisen de axudas técnicas para a súa mobilidade.

A Residencia SERGE Guntín é un centro localizado moi próximo á cidade de Lugo. Atópase nunha contorna rural onde convive con outros pequenos núcleos poboacionais. Dispón de 93 prazas e ten un concerto coa administración pública. O centro dispón de máis de 7.000m2, cun gran número de cuartos individuais e dobres e con zonas axardinadas, nas que os usuarios poden levar a cabo actividades e paseos no exterior.

Se desexas recibir máis información acerca dos seus servizos ou realizar calquera tipo de consulta, non dubides en escribirlles a través do formulario de contacto da súa web: www.serge.es

Moitas grazas SERGE por sumar esforzos coa Fundación Breogán en prol de mellorar a calidade de vida dos nosos maiores.