Novas

Experiencia Breogán – Visita a Aspalu

Na segunda parte desta nova Experiencia Breogán o pasado venres unha comitiva formada por Salva Arco, Director da Fundación Breogán; os xogadores do C.B. Breogán, Anthony Polite e Juan Fernández; e Manuel García Rielo, Director da Clínica García Rielo, visitamos o centro de ASPALU en Lugo.

Alí recibíunos a súa Directora, Dona Rosa Fariñas, quen nos explicou en detalle o enorme traballo que desenvolve a Asociación e presenciamos, na zona do ximnasio, unha das sesións que os usuarios realizan de exercicio terapéutico, no que todos participamos activamente.

Rematamos a visita agasallando ao Centro cun balón e unha camiseta do C.B. Breogán asinada por tódolos xogadores.