Novas

III Edición Liga Senior 3X3 – Concurso de Triplas

Xa queda menos dun mes para dar comezo á III Liga Senior 3X3 da Fundación Breogán. O vindeiro 24 de maio arranca a competición e tamén o fará o concurso de triplas.

Estas son as principais regras do concurso, se queredes ter a información completa está dispoñíbel en www.fundacionbreogan.org e na ligazón das nosas historias destacadas de instagram (III LS3X3):

  • 2 tiradores/as por equipo.
  • Un minuto e medio de tempo.
  • Días 24 e 31 de maio, dúas roldas clasificatorias de 25 lanzamentos cada unha.
  • Día 7 de xuño, 1 rolda dos 8 primeiros clasificados.
  • Día 9 de xuño (Augas Férreas) semifinais e final.
  • Cada balón anotado vale 1 punto, agás o carro que elixa o lanzador/a, que valerán 2 puntos.
  • Novidade: tiro de 8 metros, cun valor de 5 puntos.