Hoxe día 2 de abril, é o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e desde a Fundación Breogán queremos felicitar ás asociacións como RAIOLAS LUGO polo seu inconmensurable traballo para mellorar a calidade de vida e a rede de servizos para as persoas con TEA e/ou TCS e as súas familias.
Nós somos testemuñas deste traballo cada semana nos adestramentos do PROXECTO PERSOAS e sentímonos privilexiados por poñer o noso gran de area en prol da concienciación e da visibilización do Autismo.