Onte tivo lugar no IES Muralla Romana, a presentación oficial do novo proxecto que iniciamos co apoio da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Na presentación estiveron acompañando ao Director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada o Vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; a Xefa Territorial de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia, Sagrario Sánchez; o Director do IES Muralla Romana, Alberto Corujo; a Inspectora do Centro, Nazaret Rodríguez e en representación das Fundacións que colaboran con nós nesta actividade: Olalla Caamaño, educadora na Fundación Juan Soñador e Viti Escamilla, coordinador da Fundación Dignidade.

Logo da presentación e da man do preparador físico e adestrador da Fundación Breogán, Álex Martín, iniciamos o adestramento de baloncesto, primeiro dos deportes aos que se achegarán os participantes de Ícaro cada semana e que comprenderán tamén boxeo, béisbol e rugby.


