Un novo éxito de convocatoria neste penúltimo Basket Na Rúa no Sagrado Corazón.
Preto de 60 participantes viviron con nós unha apaixonante xornada desta actividade patrocinada e organizada polo @concellolugo e a CONSELLERÍA DE DEPORTES E @xuventude_lugo a través do Programa +XTI.
Contamos ca presenza da Sra. Alcaldesa @laramendezlopez e do Sr. Concelleiro D. Miguel Fernández Méndez, que colaboraron con nós á hora de repartir os balóns de agasallo e incluso asinaron moitos deles por petición dos participantes.
Lembrade que o derradeiro BNR desta tempada será o día 24 pola mañá, de 10:30 a 13:30 nas pistas deportivas do Parque do Sagrado Corazón, e que en caso de choiva, trasladarémonos ó CEIP Sagrado Corazón.
III Basket Na Rúa (Sagrado Corazón)
17
Xuñ