Xa levamos dous adestramentos do novo proxecto da Fundación Breogán en colaboración con @cogami: AROS!



Foron dúas sesións cheas de emoción, risas e moito compañeirismo. Ver aos participantes desfrutar na pista, entregarse en cada xogada e crear un espazo de apoio mutuo e superación é a mellor mostra de que AROS ten sentido.
Este proxecto nace para ofrecer ás persoas adultas con capacidades diferentes unha alternativa inclusiva a través do baloncesto, como ferramenta de integración, benestar e desenvolvemento persoal
Á fronte desta iniciativa por parte da Fundación Breogán están María Piñeiro, Educadora Social, e Nerea Vieites, adestradora, acompañadas por persoal de COGAMI, cuxo compromiso e implicación fan que cada sesión sexa especial.



AROS é a evolución natural do programa Persoas, que ata agora se centraba na infancia, e que agora amplía o seu alcance para seguir transformando vidas.
Grazas a todas as persoas que estades facendo isto posible.