🌿 Continúan as actividades de “Miño Vivo” na Reserva da Biosfera Terras do Miño.
Nesta ocasión, a xornada desenvolveuse da man de persoas usuarias de Dano Cerebral Lugo, que participaron nunha experiencia de conexión coa natureza, observación da biodiversidade e creación colectiva ao carón do río Miño.
A actividade estivo novamente guiada por Alejandro Rodríguez e Jessica Fernández, da Oficina Verde dos Centros Asociados da UNED de Lugo, dentro do proxecto #LugoNaturalMente.
Un encontro no que natureza, aprendizaxe e inclusión volveron a camiñar xuntas nun mesmo espazo.


