Novas

Ningún Aro Sen Rede – CEIP Paradai, LUGO

Ca de onte ó CEIP PARADAI pechamos as visitas de Ningún Aro Sen Rede no correspondente ó curso escolar 22/23.

E rematamos ante o máis numeroso grupo de rapaces/as de tódolos colexios que levamos visitado. Máis dun cento de alumn@s, asistiron no ximnasio á explicación do proxecto por parte da Directora da UNED Lugo, Ana Traseira e do Director da Fundación Breogán, Salva Arco.

Nesta ocasión tamén contamos ca presenza do xogador do C.B. Breogán, Stefan Momirov e de Máximus.

A parte lúdica tivo lugar no patio do colexio, ata onde nos desprazamos logo da colocación das #Econets de ECOBALLUTION nas canastras.

A “responsabilidade” de acadar os agasallos, recaeu desta volta nas mestras do CEIP. Foron elas as que “competiron”, e as gañadoras levaron obsequios para repartir cos seus alumnos/as.

Agora tan só vos queda encher o contedor de reciclaxe cos elementos de escritura en desuso e gozar das #Econets nas vosas canastras.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *