Novo proxecto da Fundación Breogán, realizado co apoio da Vicepresidencia da Excma. Deputación de Lugo e coa colaboración das Fundacións Dignidade e Juan Soñador.
A Fundación Breogán, a través do PROXECTO ÍCARO pon en marcha un programa de boas prácticas deportivas para mozas e mozos en risco de vulnerabilidade social. O seu obxectivo, entendendo o deporte como unha ferramenta idónea, é reducir a brecha social das rapazas e rapaces que non teñen a súa participación na sociedade garantida en condicións de igualdade, xa sexa por aspectos socioeconómicos, socioculturais, socioxeográficos ou persoais.
A actvidade consistirá no achegamento ao deporte a través de catro modalidades diferentes: baloncesto, béisbol, rugby e boxeo, con adestramentos de carácter semanal desde o mes de outubro ata maio de 2025.