ESCOLA B. MÚSICA ANTAS DE ULLA / PAZO DE VILANE

 

Da man da nosa empresa benefactora PAZO DE VILANE, achegámonos ó traballo da Escola Banda de Música do Concello de Antas de Ulla , na semana do 31 de outubro ó 6 de novembro de 2022.

 

 

 

A derradeira Experiencia Breogán deste 2022, permitíunos, por iniciativa de Pazo de Vilane, coñecer a longa historia desta agrupación musical lucense.

E tan longa, porque no pasado 2021 veñen de celebrar o seu 125 aniversario.

Pero sen dúbida, o que máis nos chamou a atención, aparte da súa calidade musical, é o forte arraigo que a agrupación ten na comarca. Os veciños senten a Banda como algo moi seu, como algo que os representa a eles e ós seus valores: traballo, adicación e orgullo de pertencer á súa terra.

Sentimento estes que dende a Fundación Breogán compartimos e respectamos e que en certo modo están a guiar tamén gran parte dos nosos proxectos.

Tan só nos queda desexarlles a estes/as grandes músicos e mellores persoas que continúen os seus éxitos e á nosa empresa benefactora Pazo de Vilane e á súa Xerente, Nuria Varela – Portas, agradecerlle que nos permitise achegarnos a este fantástico grupo humán.

 

 

 

Related Projects