Novas

Presentación “LUZ Ó DEPORTE”

Hoxe tivo lugar, na Delegación Territorial da @xuntagalicia en Lugo, a presentación oficial do ciclo de charlas “LUZ Ó DEPORTE”.

No acto estiveron presentes o Delegado Territorial @javierariasfouz; o Director da Fundación Breogán @salva_arco; a Directora Territorial de @somosabanca en Lugo Zaira Dapena @zahyradc, e os deportistas (e relatores nas charlas) @erik_quintela, @42ergiquintela, Tito Margaride e Sara Álvarez @sarita_judo.

O proxecto, impulsado pola @xuntagalicia en colaboración coa @fundacionbreogan e @somosabanca, iniciarase o vindeiro día 19 de setembro, cunha sesión dobre de IÑAKI ZUBIZARRETA de dúas charlas sobre o bullying; pola mañá dirixirase ós estudantes de catro institutos de Lugo, as 12:00 horas, e pola tarde, a partir das 19:00 horas (unicamente para familias, docentes e adestradores).

Todalas charlas terán lugar no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo.
“LUZ Ó DEPORTE” busca empregar o deporte e os seus protagonistas como una ferramenta para dar a coñecer todo o que agacha o deporte de élite.

Ser testemuñas en primeira persona das experiencias e viviencias de deportistas e ex deportistas de primeiro nivel para educar, orientar e influir positivamente na conducta dos nosos adolescentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *