Novas

Segunda charla de “LUZ Ó DEPORTE”

O vindeiro luns 17 de outubro, terá lugar a segunda charla do ciclo do proxecto “Luz ó Deporte“.

Nesta ocasión será o turno de TITO MARGARIDE, un deportista lucense que é un exemplo de superación, persoal e deportiva.

A charla será conducida pola presentadora María Nieto.

A súa historia ben seguro que resultará interesante para @s alumn@s dos CEIP: Leiras Pulpeiro, Sanxillao, Muralla Romana e Ánxel Fole, que acudirán á charla a partires das 12:00 horas no Salón de Actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia.

Este proxecto pode chegar a tod@s eles/as grazas a implicación e á colaboración da Fundación Breogán, Abanca e a Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *