Novas

Visita a ASPNAIS – Experiencia Breogán

O pasado venres, unha representación do C.B. Breogán e da Fundación Breogán, formada polos xogadores Marko Luković e Sergi Quintela, e o director da Fundación, Salva Arco visitaron as espectaculares instalacións de ASPNAIS LUGO.

Acompañounos nesta visita D. Javier Iglesias Sanjurjo, Conselleiro Delegado da nosa Empresa Benefactora IBERSYS, grazas á cal podemos realizar esta 2ª Experiencia Breogán do 2023.

Alí agardaban por nós os usuarios e responsables do centro, encabezados polo seu Presidente D. José Reigosa.

O edificio do antigo hospital San José é o fogar de ASPNAIS onde, nos seus máis de 10.000 metros cadrados de superficie acollen as 3 áreas de atención da entidade: o Centro de Día, o Centro Ocupacional e o Centro Residencial, prestando atención a 300 persoas.

No Centro Ocupacional asistimos á multitude de talleres e actividades que os usuarios realizan co obxectivo de proporcionar a habilitación laboral dos mesmos:

  • Traballos artísticos para a decoración do fogar.
  • Servizo de montaxe de lenzos e marcos a medida.
  • Elaboración artesanal de candeas, xabóns e caixas de correspondencia.
  • Servizos de ensobrado de correspondencia e pregado de camisolas e suadoiros.
  • Taller de carpintería, adicado á fabricación de mobiliario de fogar e oficina; restauración de mobles e producción de instrumentos de cociña, como pratos para o polbo, táboas de churrasco, etc.
  • Taller de cerámica no que se elaboran pezas artesanalmente, destinadas a eventos coma vodas, bautizos, comunións, etc.
  • Taller de envasado.
  • Taller de fregonas.
  • Lavandaría, adicado ó lavado e pranchado de roupa de fogar e para empresas (clubs deportivos, perruquerías, etc.)
  • Taller de grabado.
  • Taller de reciclaxe.
  • Taller de xardinería.

Dende a Fundación Breogán podemos dar testemuña da calidade dos servizos que ofrece ASPNAIS, xa que dende hai dous anos son eles os proveedores oficiais dos recoñecementos que se entregan ás entidades protagonistas do proxecto Experiencia Breogán.

O Centro Residencial, pioneiro na súa filosofía e funcionamento, acolle tanto a usuarios coma os seus pais/nais, que debido a circunstancias familiares ou persoais necesiten dun fogar diferente ao seu.

Coñecimos en resumo a unha Asociación espectacular, que loita por visibilizar, dignificar e mellorar a calidade de vida e traballar pola integración real e efectiva das persoas con diversidade funcional.

Se estades interesados en coñecer máis polo miúdo a ASPNAIS, ou contratar algún dos seus servizos, tedes toda a información en: www.aspnais.org

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *