Novas

Proxecto Persoas – Adestramento cun invitado especial

A pista principal do Pazo dos Deportes de Lugo, volveu a acoller un novo adestramento do Proxecto Persoas, o último antes do pequeno parentese das vacacións de Semana Santa.

A parte final do mesmo, foi presenciada pola plantilla do C.B. Breogán e incluso Marko Luković se animou a realizar algúns exercicios cos nosos rapaces/as.

Tamén prácenos comprobar, como medra cada día a familia dos voluntari@s da Fundación Breogán. Esta tarde incorporouse á mesma Dani Eiriz, persoa amplamente coñecida dende hai tempo polo seu compromiso co baloncesto lucense e agora cas actividades da Fundación.

Ligazón á páxina do proxecto.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *