Onte, por causas meteorolóxicas, non puidemos facer o adestramento habitual no IES Muralla Romana.
Despois de dous meses chovendo, parecía que por fin nos ían deter… 😅

Pero no Proxecto Ícaro sempre hai plan B.
💡 Angie, unha das nosas xogadoras, propuxo algo xenial:
👉 sesión de pilates + activación física para todo o grupo.
E como aquí o esforzo tamén se celebra…
🍫 Ao rematar, os nosos adestradores Ismael e Noel invitaron a chocolate para todas e todos.
Porque Ícaro é isto: equipo, coidado, risas… e moitas ganas.


