A Fundación Breogán e o Proxecto de Bana volveron abrir as portas do Pazo para recibir, nesta ocasión, aos nenos e nenas de 3º de Primaria do Colexio Cervantes.

Ao longo do percorrido, acompañáronos o director da Fundación Breogán, Luis Abel Taboada, e dúas novas Lendas Celestes, David Salgado e Manolo Miranda, que compartiron con eles e elas historias, curiosidades e moita ilusión en cada recuncho do Pazo. 💙



Como broche final, o grupo tivo a oportunidade de presenciar unha parte do adestramento do CB Breogán e, ao rematar, vivir un momento inesquecible compartindo tempo con xogadores e corpo técnico. 🏀✨
Grazas ao Colexio Cervantes por formar parte desta experiencia.
O Pazo segue aberto… e a ilusión tamén.


