Novas

Nico Adega, padriño Chan Común

Temos a honra de contar con Nico Martínez Adega como padriño dos equipos de CHAN COMÚN — Xunt@s de verdade.

Nico non é só un dos deportistas máis destacados de Galicia: tras superar un duro proceso persoal e converterse en campión do mundo de piragüismo na categoría KL3 sénior, sabe mellor que ninguén o valor do esforzo, da constancia e de crer no que parece imposible.

Grazas, Nico, por pór voz a este proxecto e por compartir os valores que nos moven: inclusión, igualdade, superación e deporte sen barreiras.

👉 Descubre Chan Común e acompáñanos nesta aventura:
https://fundacionbreogan.org/chan-comun