Presentación oficial dos equipos masculino e feminino de CHAN COMÚN, na que ademais fixemos entrega das súas equipacións oficiais de xogo.

Un momento simbólico que marca o inicio dun proxecto pioneiro en Galicia, onde o baloncesto se converte nun verdadeiro espazo de inclusión, convivencia e aprendizaxe compartida.
No acto estiveron presentes Nuria Varela-Portas, presidenta da Fundación Breogán en representación de Pazo de Vilane; Fernando Pérez-Lozano, presidente da Fundación Dignidade; e Victorino Escamilla Paz, director xeral, acompañando a todos os participantes neste día tan importante.
Grazas a todas as persoas que facedes posible este proxecto e que xa formades parte deste chan común.


