♻️ Rematamos o 4º curso de Ningún Aro Sen Rede!
Durante o curso 2025/26, os centros educativos participantes volveron demostrar o seu compromiso coa sustentabilidade, participando na recollida de material de escritura en desuso dentro deste proxecto impulsado pola Fundación Breogán, en colaboración coa UNED Lugo e Ecoballution.
Grazas ao esforzo do alumnado, profesorado e comunidades educativas, acadouse unha recollida total de 53,2 kg de material para reciclar, contribuíndo a fomentar a economía circular e o coidado do medio ambiente.
Queremos agradecer a participación e implicación de todos os centros que formaron parte desta cuarta edición. Cada pequena acción conta e entre todos seguimos demostrando que é posible construír un futuro máis sostible.
📅 Á volta das vacacións realizaremos a entrega dos premios aos tres centros máis recicladores desta edición.
Grazas por seguir formando parte de Ningún Aro Sen Rede!


