Novas

🌿 MIÑO VIVO | 2ª TEMPADA

Hai proxectos que nos axudan a descubrir novas realidades. E outros que nos invitan a redescubrir o que temos máis preto.

Miño Vivo naceu da colaboración entre a Fundación Breogán e a UNED Lugo para achegar a natureza, a biodiversidade e o patrimonio ambiental de Lugo a asociacións e colectivos sociais a través de experiencias participativas ao aire libre.

Observación de aves, identificación de flora autóctona, escoita activa da natureza ou creación colectiva convértense en ferramentas para aprender, compartir e conectar co territorio.

Tras unha ilusionante primeira edición, no curso 2026/27 volveremos desenvolver esta iniciativa na contorna da Reserva da Biosfera Terras do Miño, reforzando o noso compromiso coa educación ambiental, a inclusión e a posta en valor dun dos maiores tesouros naturais de Lugo.

Porque coñecer o territorio é o primeiro paso para coidalo.