O BASKET NA RÚA 2024, a actividade que imparte a Fundación Breogán organizada e financiada pola Concellería de @xuventudedeporteslugo do @concellolugo e o Programa +XTI da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas, despedíuse hoxe do Barrio da Milagrosa.
E fixémolo da mellor maneira que sabemos, ofrecendo aos rapaces e rapazas tres horas de ocio saudable a través de adestramentos e competicións de baloncesto.
Os adestradores da Fundación Breogán, e o seu Director, Salva Arco, volveron a plantexar aos asistentes varias estacións de traballo específico de baloncesto nas pistas interiores do Colexio Salesianos Lugo, ao que lle queremos agradecer novamente a súa colaboración na cesión das instalacións.
Coma sempre logo do descanso de media mañá chegou o momento das competicións, nas que os máis hábiles levaron como premio as camisetas do BNR asinadas polos xogadores do C.B. Breogán, mochilas do BNR e mini Máximus.
Pola nosa banda voltaremos o vindeiro sábado 11 de maio a unha nova ubicación, a PRAZA ANXO FERNÁNDEZ GÓMEZ, onde se levarán a cabo as seguintes 4 xornadas do Basket na Rúa 2024. Agardámosvos!