Novas

Basket Na Rúa 2024 – Presentación

A pasada semana tivo lugar a presentación dunha nova edición do “Basket Na Rúa”, unha actividade de ocio saudable organizada e financiada pola Concellería de Xuventude e Deportes do Concello de Lugo e o Programa +XTI e da Delegación de Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas.

Na mesma estiveron presentes Jorge Bustos, Concelleiro de Xuventude e Deportes; Salva Arco, Director da Fundación Breogán; Francisco Javier Fdez. Eirós, Técnico Municipal de servizo de Prevención de Drogas e Máximus.

As actividades prolongaranse durante os sábados de abril, maio e o primeiro sábado de xuño na Praza da Milagrosa os primeiros catro e na Praza Anxo Fernández os catro seguintes.

O sábado 13 de abril, arrancamos na Praza da Milagrosa a partir das 10:30 h.