Mañá martes, a partir das 12:30 horas, o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, volverá a acoller a segunda charla do ciclo de conferencias “LUZ Ó DEPORTE 2023”.
Este proxecto que organiza a Fundación Breogán co apoio de Abanca e da Xunta de Galicia, achegarános á figura de PEDRO MUNITIS.
O acto estará conducido pola presentadora e xornalista María Nieto e nel profundizarase na faceta persoal e deportiva do actual adestrador do CD Lugo, e do seu pasado como deportista da élite do fútbol nacional.