Novas

III Xornadas de Tecnificación – Día 2

Chegamos ao ecuador das III Xornadas de Tecnificación sumando experiencias e vivencias.

Iniciamos a mañá recibindo a Iago Castro, adestrador do Celta, que estivo traballando cos nosos rapaces e rapazas durante todo o día.

Continuamos a xornada facendo fincapé no que respecta á técnica individual nas finalizacións e traballo táctico de 1×1 e 2×2.

Logo chegou o momento da competición de 3×3, na que os participantes están a poñer en práctica os coñecementos adquiridos nos adestramentos.

Rematamos a mañá recibindo unha visita sorpresa por parte dos técnicos do C.B. Breogán, Veljko Mrsic, Fernán Varela e Quique Fraga; o preparador físico Óscar Viana e o director xeral do club Tito Díaz.

Logo do xantar volve o tempo para as xornadas formativas de psicoloxía deportiva e preparación física. Hoxe houbo intercambio de grupos, Luis Abel Taboada estivo co grupo dos máis pequenos e Pablo Duarte cos maiores.

Grazas a todos por compartir os vosos coñecementos nestas III Xornadas de Tecnificación.