Este vindeiro venres ás 20:30 h viviremos no Pazo o último partido da tempada 25/26 do Río Breogán. E queremos pechala da mellor maneira posible: unidos, emocionados… e colaborando por unha boa causa.
Desde a apertura de portas, os nosos amigos de Down Lugo estarán nas 5 portas de acceso vendendo rifas solidarias para o sorteo de prendas persoais dos xogadores do Río Breogán, asinadas polos propios protagonistas da tempada.
🎟️ Cada rifa terá un prezo de 2€
🙏 Pregámosvos, se é posible, que levedes o importe xusto para axilizar a venda.
⏰ Poderedes mercar as rifas:
- Nas portas de acceso ata o final do primeiro cuarto.
- Na Tenda do Breo (Fondo Estadio) ata o final do terceiro cuarto.
Ao remate do encontro, Jacobo, speaker do Pazo, realizará o sorteo a través da megafonía. Irán saíndo un a un os números premiados e asignándose a cada un deles unha peza concreta. Os premios deberán recollerse exclusivamente Tenda do Breo, nunca a pé de pista.
💙 Remata esta tempada levando contigo un recordo único do equipo… e colaborando ao mesmo tempo coa Fundación Breogán.
Grazas, unha vez máis, por demostrar que a familia breoganista sempre está á altura.
📄 Bases legais da rifa solidaria:
fundacionbreogan.org/bases-legais-rifa-solidaria